CONCURSO DE CARTEIS para o "7º Salón Internacional de Outono. Sarria 2013”
Entidade convocante: SIA-Sarria (Salón International d,Automne-Sarria)
Ámbito: Centros de Ensino Secundario de Sarria (Lugo)
BASES
I.-TEMA: cartel anunciador do 7º Salón Internacional de Outono. Sarria 2013.
II.- PARTICIPACIÓN
Poderán participar todos os alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e Ciclos Formativos de Grado Medio de todos os centros escolares de Sarria, podendo presentar un máximo dunha obra, sendo condición indispensable que sexa inédita.
III.- FORMATO e TEXTO
-Opción A: deseño manual, técnica libre en cartolina tamaño A3 (42x29,7cms.). No reverso do cartel deben constar: nome, apelidos, dirección, número de teléfono do autor e centro escolar ao que pertence.
-Opción B: deseño dixital, a un tamaño real equivalente a un A3 42x29,7 cms., arquivado nun cd onde se debe sobrescribir: nome, apelidos, dirección, número de teléfono do autor e centro escolar ao que pertence
SIA-Sarria incorporará no cartel ganador o seguinte texto:
7º Salón Internacional de Outono. Sarria 2013. 19 xullo-18 de agosto de 2013
Sedes da exposición: Prisión Comarcal de Sarria, Mosterio da Magdalena, Mosterio de Samos
IV.- DATA DE ENTREGA: Data tope: 20 de maio de 2013.
O 21 de maio un representante de SIA-Sarria recollerá os traballos dos alumnos en cada centro, tanto os carteis en cartolina como os cds, para ser enviados á sé do xurado en París.
V.- PREMIO XOSÉ DÍAZ FONTES
Un único premio de 200 euros para o cartel gañador que será entregado no acto de inauguración do 7º Salón de Outono de Sarria o 19 de xullo de 2013.
O CARTEL GAÑADOR SERÁ A IMAXE DO 7º SALÓN INTERNACIONAL DE OUTONO SARRIA 2013.
VI.- XURADO. O xurado estará composto por 3 membros de SIA-Sarria.
O fallo do concurso farase público na primeira quincena de xuño en El Progreso e La Voz de Galicia, nos taboleiros de anuncios dos centros escolares participantes e na páxina web www.sia-sarria.eu. O concurso poderase declarar deserto en caso de non alcanzar os carteis presentados a calidade desexada.
VII.- PROPIEDADE E EXPOSICIÓN
Os carteis presentados pasarán a ser propiedade de SIA-Sarria e poderán ser reproducidos en todo tipo de soportes sen que iso dea dereito a retribución algunha aos concursantes. Así mesmo poderán ser expostos na Casa da Cultura de Sarria durante o mes de xullo de 2013.
VIII.- ACEPTACIÓN
A participación neste concurso comporta a plena aceptación destas bases.
Estas bases pódense consultar en: www.sia-sarria.eu. a partir do 18 de abril de 2013.
A XEITO DE INFORMACIÓN:
Cando está a piques de abrir as súas portas a sétima edición do Salón Internacional de Outono en Sarria, é posible que os sarriaos non sexamos aínda conscientes da transcendencia deste evento, que o esforzo, tesón e entusiasmo do falecido escultor sarriao radicado en París, Xosé Díaz Fuentes, puxo en pé. Quizá virá ben facer un pouco de historia
O chamado Salón de París xorde a principios do século XVIII como exposición de arte oficial da Academia de Belas Artes; a participación nel era esencial para calquera artista que pretendese triunfar. Pero os artistas dos movementos que empezan a xurdir na segunda metade do século XIX, e moi en particular os Impresionistas rexeitan a rixidez, o academicismo e o conservadorismo das normas do Salón Oficial e buscan outros espazos onde expoñer as súas obras. Neste contexto, en 1903, un grupo de pintores e escultores liderados por Renoir e Rodin, organizan o Salón d'Automne (Salón de Outono) que abre as súas portas, primeiro no Petit Palais e máis tarde no Grand Palais, edificios emblemáticos situados en pleno corazón da cidade, nos Campos Eliseos. Desde entón todos os outonos París ofrece unha cita ineludible coa arte.
Do Impresionnismo, ao Postimpresionismo, pasando polo Fauvismo, o Surrealismo, o Cubismo, a Arte Conceptual, todas as correntes artísticas e todos os grandes artistas do século XX, de Matisse a Picasso pasando por Dalí, Miró, Duchamp, ……………… estiveron presentes no Salón d,Automne que constituíu unha das pezas crave que fixeron de París a capital mundial da arte durante unha gran parte do século XX.
E desde o 2005, todos veráns, a sociedade Salón International d,Automne-Sarria (SIA-Sarria), filla do Salón d,Automne de París, expón a obra plástica (pintura, escultura, instalacións, videos………) dunha considerable cantidade de artistas de varios países do mundo xunto a un nutrido representación de artistas sarriaos e galegos, algúns deles participantes tamén no Salón d,Automne de París
Salon d'Automne de París, un poco de historia ...